Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura (*) | Iniciación á investigación educativa | Código | 652601E12 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 2 | ||||||||||
Idioma |
|
|||||||||||||
Modalidade docente | Híbrida | |||||||||||||
Prerrequisitos | ||||||||||||||
Departamento | Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación |
|||||||||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
|||||||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
|||||||||||
Web | ||||||||||||||
Descrición xeral | Neste curso pretendemos que o estudante do máster se familiarice cos diferentes tipos de investigacións no ámbito educativo; que coñeza, comprenda e valore as características da metodoloxía científica e, ademáis, comprenda os procedementos para a realización de investigacións en educación. | |||||||||||||
Plan de continxencia | 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: sesión maxistral, traballos tutelados, proba mixta. *Metodoloxías docentes que se modifican: presentación oral - realizarase una presentación non presencial, facendo uso dos medios tecnolóxicos a disposición do alumnado 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - TEAMS: atenderase a través desta plataforma (reunións virtuais, chat) só no horario de clase e titorías.. - Outlook: atenderanse correos electrónicos do alumnado para dúbidas e cuestións relacionadas cos contidos da materia 4. Modificacións na avaliación; non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: anúlase a obrigatoriedade da asistencia no caso de confinamento. Non obstante, o alumnado deberá realizar e entregar o traballo tutelado na data prevista ao inicio das clases. Considérase "alumnado no asistente" aquel que non comprise co requisito de asistencia antes de iniciarse o confinamento, así como aquel que non entregue nas datas previstas as actividades. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios. | |||||||||||||
|
||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |