Proxectos de innovación e investigación educativa en educación física
Código
652603E1I3
Titulación
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
Anual
Primeiro
Obrigatoria
2
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arufe Giraldez, Victor
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
Profesorado
Arufe Giraldez, Victor
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
Web
Descrición xeral
A proliferación de propostas de innovación educativa na área de Educación Física nos últimos anos non foi un proceso ordenado e sistemático, senón máis ben un conxunto de respostas heteroxéneas a problemas xurdidos na práctica docente. É necesario reflexionar sobre este proceso e desenvolver criterios para analizar e valorar ditas propostas. A relación entre investigación educativa e innovación docente non está a xerar os resultados esperados. Isto dificulta o desenvolvemento de prácticas fundamentadas en teorías científicas e tamén a valoración da efectividade das innovacións para solucionar os problemas da aula. É necesario desenvolver vías de comunicación entre a teoría e a práctica, achegando os roles de investigador e docente para aproveitar as sinerxias existentes. Nesta materia ofrécense referencias para analizar as experiencias de innovación e as investigacións educativas na área de Educación Física. Descríbense algúns proxectos que, polo seu valor ejemplificante poden ser cualificados como “boas prácticas” representativas de liñas de innovación desenvolvidas na área. Tamén se pretende que os alumnos poidan deseñar e xustificar as súas propias propostas de innovación.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non haberá
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéranse todas as metodoloxías vinculadas ao traballo autónomo do alumno e docencia non presencial.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As metodoloxías que fan referencia á presencialidade serán sustiuídas por metodoloxías de ensinanza non presencial
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Para a realización de tutorías utilizarase o correo electrónico ou a plataforma TEAMS no caso de facer videotutorías.
4. Modificacións na avaliación
Para o alumnado con dispensa académica ou aquel que faltase a máis do 80% das clases a proba correspondente ao examen final da materia realizarase vía online, a través dun examen oral ou tipo test na aplicación moodle. O resto de instrumentos e criterios de avaliación manterase.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías