Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá
Código
652608821
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
Anual
Primeiro
Obrigatoria
4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral
A materia constituirá unha aproximación ás principais achegas da Lingüística e a Teoría da Literatura ao ensino das linguas galega e castelá e a súa literatura. Ofrecerase un panorama da evolución da educación lingüística e literaria na ESO e o Bacharelato até a situación actual e analizaranse diferentes recursos de carácter innovador nestes ámbitos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non haberá cambios dignos de mención.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Obradoiro
- Proba de ensaio
- Estudo de casos
- Traballos tutelados
A través das plataformas Moodle e Microsoft Teams, profesorado e alumnado teñen a posibilidade de transferir ao medio virtual as devanditas «metodoloxías». Se as circunstancias o aconsellan ou impoñen, levarase a cabo o traslado (introducindo, por suposto, algúns axustes indispensables para a adaptación ao novo ámbito).
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Ao igual que en circunstancias normais, o/a docente consultará asiduamente a caixa de correo electrónico e procurará responder con tanta axilidade como sexa posible.
- Durante as horas de titoría, o/a docente estará conectado á plataforma Teams, de tal maneira que os/as alumnos/as poidan facerlle tantas consultas como sexan necesarias (ben por escrito, ben mediante videochamada).
4. Modificacións na avaliación
Farase todo o posible para que o abandono da presencialidade non implique cambios profundos nos procedementos de avaliación. Se as tentativas fracasen —cousa que non ten por que suceder—, procederíase, como último recurso, a aplicar a todo o alumnado o mecanismo previsto para os/as estudantes non presenciais.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
De se tornar imposible o uso da biblioteca e do servizo de reprografía da Facultade, procurarase que o alumnado poida consultar algunhas referencias bibliográficas fundamentais, aloxadas nos andeis «en liña» da BUDC ou noutros arquivos e repositorios dixitais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías