Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Iniciación deportiva | Código | 652G02036 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Levaranse a cabo ao comezo da materia actividades iniciais para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado para o logro dos obxectivos para alcanzar. Deste xeito poderemos coñecer información de interese (punto de partida) para articular mellor a docencia e optimizar os procesos de ensino-aprendizaxe. |
Sesión maxistral | Os temas correspondentes aos bloques 1, 2 e 3 da materia serán expostos na aula a través de diferentes medios: explicación oral, apoio con presentacións informáticas, visualización de materiais didácticos en soporte CD e DVD. |
Proba mixta | Realizarase unha proba obxectiva na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña. A proba pode incluír preguntas longas, curtas e/ou tipo test e versará sobre todos aqueles contidos abordados tanto nas sesións teóricas como nas prácticas. |
Aprendizaxe colaborativa | Realizaranse diversos traballos guiados polo docente na aula e tamén a través da plataforma moodle da Universidade da Coruña Virtual. Estes traballos organizaranse en pequenos grupos que traballarán conxuntamente na resolución de problemas concretos. |
Práctica de actividade física | A través desta metodoloxía realizaranse prácticas no pavillón universitario a través dos contidos da materia e aplicados aos diferentes ciclos da Educación Primaria. As prácticas serán dirixidas polo docente e desenvoltas polos alumnos. |
Traballos tutelados | Realizarase un traballo teórico-práctico para expoñer en clase. Consiste na confección dun proxecto de escola deportiva ou actividade extraescolar. |