Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía | Código | 652G03038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Foro virtual | Publicación de informacións impresas e audiovisuais na plataforma Moodle, e partcipación do estudantado no mesmo mediante as súas recomendacións propias respecto a outros recursos impresos e audiovisuais. Comunicación mediante o foro dixital da plataforma Moodle (envíos de emails e foro colectivo). |
Discusión dirixida | Debates e posta en común, en pequeno, mediano ou grande grupo, dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre. Estes debates versarán sobre o contido das fontes seleccionadas como material de traballo obrigatorio. Con carácter xeral, ese material deberá ser preparado fóra do horario de clase. |
Estudo de casos | Metodoloxía na que se analiza unha situación específica cun problema a ser entendida e valorada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión, e posteriormente (e hipoteticamente) intervida. Estes casos xurdirán nas clases interactivas ou nalgún dos libros seleccionados polos micro-grupos. |
Lecturas | Lectura e análise dos documentos incluídos no Dossier de Lecturas, para traballar a materia. A maiores das breves lecturas do Dossier, cada micro-grupo de estudantes seleccionará un libro (de entre máis de 60 títulos), do que terá que ler polo menos 100 páxinas e preparar unha presentación oral do mesmo perante o grupo-clase. |
Presentación oral | Exposición grupal do libro escollido polo micro-grupo. A presentación durará un máximo de 20 minutos e terá lugar nas clases interactivas durante o mes de Maio. |
Sesión maxistral | Exposición oral, por parte da docente, co apoio de recursos audiovisuais, dos contidos relacionados co temario da materia. |
Traballos tutelados | Realización individual, ou en parella, dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas en clase. Dito traballo consistirá no deseño dunha intervención pedagóxica baseada na análise e aplicación dos contidos abordados ao longo do cuadrimestre. Recoméndase a entrega dos traballos impresos sen plásticos de encadernación, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir bosquexos (rascuños/borradores). Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para máis información sobre o formato e o período de entrega do traballo, véxase o espazo da materia na plataforma Moodle. |
Simulación | Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. Forman parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación Social". |
Aprendizaxe colaborativa | Consistirá en dinámicas de grupos variadas, que se empregarán nos debates, na análise das fontes realizada en grupo, nos traballos tutelados e na presentación oral. |