Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Prevención e Xestión de Riscos Laborais I | Código | 660G01023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A14 A31 B1 B2 B9 B12 | Valoración das achegas dos estudantes na realización dos casos prácticos individuais, así como intervencións dos alumnos no desenvolvemento das clases. | 70 |
Proba obxectiva | B3 B5 | Proba individual obxectiva a desenrolar polo alumno. | 30 |
Observacións avaliación | |||
A parte práctica da asignatura ("Estudo de casos") supón o 70% da nota final, mentres que a parte teórica ("Proba obxectiva") supón o 30% da nota final. Para que se sumen as diferentes metodoloxías, de cara a obter unha nota media final, será imprescindible obter o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados a avaliar ("Estudo de casos" e "Proba obxectiva"). De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das metodoloxías, o alumno non superará a materia. Neste caso, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100 % da cualificación. Aqueles alumnos que non poida facer un normal seguimiento da asignatura, por ter recoñecida a Dispensa de Docencia, poderán optar por examinarse do 100% da súa cualificación por medio dunha proba obxectiva final durante os periodos de avaliación oficialmente establecidos. De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100% da cualificación. Se solicitan dispensa, todos os alumnos farán constar ao profesor mediante email ou de forma visible na súa ficha de alumno e se ésta se lles concedeu, debendo consignar nese caso se optan por AVALIACIÓN CONTINUA ou PROBA OBXECTIVA FINAL. O alumnado non poderá ser avaliado simultáneamente por avaliación continua e por proba obxectiva final. De non constar expresamente, ou non entregar a ficha nos quince días posteriores ao comezo do curso académico, entenderase que optan pola PROBA OBXECTIVA FINAL. A elección é definitiva e irreversible para a convocatoria en curso. As adaptacións curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola Comisión de docencia do centro, previo informe do servizo de orientación e prácticas. |