A materia constitúe unha introducción á Biblioteconomía e ás bibliotecas no contorno dixital. Os seus obxectivos son:
-A comprensión e o coñecemento do papel das bibliotecas na sociedade, e o seu valor para as comunidades.
-A comprensión e o coñecemento das funcións, procesos técnicos e servizos das bibliotecas.
-A comprensión e o coñecemento dos distintos tipos de bibliotecas e as funcións das mesmas.
-O desenvolvemento de habilidades informativas no uso e aproveitamento das bibliotecas.
-A adquisición dunha formación profesional básica para a realización de tarefas profesionais nas bibliotecas.
Plan de contingencia
1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen: todas (materia en extinción, non hai docencia).
Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha (materia en extinción, non hai docencia).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: titorías a través de Teams e correo electrónico cando o soliciten os alumnos.
4. Modificacións na avaliación: proba obxectiva mediante un cuestionario en Forms, no que se avaliarán os contidos teóricos e prácticos da materia. Tempo para a súa realización 2 horas. Cualificación: 100%
Observacións de avaliación: ningunha.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha.
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías