Lecturas |
Lectura comprensiva, resumo e comentario de textos que completen os contidos teóricos da materia. |
Obradoiro |
O alumnado desenvolverá prácticas sobre cada un dos temas da materia, co apoio e supervisión da profesora. |
Presentación oral |
Ó longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que facer unha exposición apoiada con medios audiovisuais baseada nas lecturas. |
Proba oral |
Exposición oral apoiada por unha presentación que implica un estudo amplo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. Aproveitaranse as prácticas realizados polo alumnado no obradoiro para propoñer exemplos. |