Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Modelos e Técnicas de Simulación Empresarial: Xogo de Empresa | Código | 710G03026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A5 A8 A9 A10 A11 A19 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C5 C9 | A calificación obtida no traballo tutelado en equipo pesará o 30% da nota final, tendo en conta a natureza eminentemente práctica da materia. Teranse en conta as seguintes variables: - Os resultados acadados na simulación empresarial da empresa de moda, en cada unha das sesións de toma de decisións. - A participación activa de todos os membros do equipo. - A presenza na aula é obrigatoria para as sesións interactivas (excepto por causa xustificada), polo tanto, levarase a cabo un control de asistencia. Todos os membros de cada equipo obterán a mesma calificación para os resultados obtidos na simulación empresarial (debe haber consenso nas decisións tomadas no equipo). Pero a asistencia avaliarase individualmente (os membros do mesmo equipo poden obter unha nota diferente para a asistencia ás aulas). |
30 |
Proba de resposta múltiple | A8 C1 C2 | Haberá un exame tipo test de resposta múltiple (presencial ou virtual administrada a través de Moodle), onde só unha opción é correcta. As respostas incorrectas penalizan un tercio do valor das correctas. Para aprobar a materia é estritamente necesario aprobar o exame (é dicir, obter unha nota igual ou superior a 5, nunha escala de 0-10). |
50 |
Presentación oral | A5 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C2 | Todos os equipos deben facer unha exposición oral ao final do curso para expoñer as decisións estratéxicas que tomaron e implementaron no traballo de simulación empresarial. A asistencia é obrigatoria para todos os membros do equipo e representará un máximo do 20% da nota final. Se un estudiante non realiza a presentación oral, non poderá aprobar a materia. |
20 |
Observacións avaliación | |||
O control da asistencia dos alumnos ás sesións interactivas presenciais pódese levar a cabo aleatoriamente. Os criterios de avaliación aplicaranse tanto á primeira como á segunda oportunidade, incluíndo estudantes Erasmus e de intercambio. A "exención académica da exención de asistencia" terá as seguintes ponderacións: o 30% procederá da realización do traballo en equipo supervisado (resultados acadados, pero sen contar a asistencia á aula), o 20% procederá da exposición oral e o 50 % procederá do exame. As cualificacións obtidas polos alumnos na avaliación continua como resultado do traballo supervisado realizado en equipo e a presentación oral (ata o 50%) só serán válidas durante o curso académico en cuestión. Está prohibido o acceso ás salas de exames con calquera dispositivo de transmisión e / ou almacenamento de datos (teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, etc.). |