Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos aspectos básicos dos temas por parte do profesor, con apoio de presentacións e material de lectura recomendado.
Solución de problemas O estudo dalgúns temas abordarase mediante exercicios propostos e resoltos na aula, en grupos pequenos ou individualmente.
Traballos tutelados Realizaranse traballos en grupos de 3 alumnos/as. Cada grupo terá que estudar un produto e o proceso químico que leva a súa obtención.
Presentación oral Unha parte importante do traballo en grupos é a comunicación pública, polo que os traballos serán expostos na aula.
Proba obxectiva Consistirá en preguntas cortas e exercicios relacionados cos contidos desenvolvidos.