Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Podoloxía Preventiva | Código | 750G02015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba obxectiva | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. Os contidos teóricos básicos e outro material para traballar na aula ou fóra dela estará dispoñible na plataforma de teleensino Moodle. |
Seminario | Nos seminarios trátanse temas específicos das unidades didácticas do temario da materia. Sobre os devanditos temas desenvolveranse actividades en grupo que se entregarán a través da plataforma de teleensino Moodle, para a súa posterior exposición nos seminarios da materia. |
Prácticas de laboratorio | A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. As dúas últimas horas de prácticas destinaranse a realizar un exame práctico con preguntas teórico-prácticas sobre os contidos da materia tratados nelas. Para obter o apto/a nas prácticas de laboratorio debe contestarse ou realizarse correctamente o 50% das actividades e/ou preguntas do exame, alén de ter asistido á totalidade das prácticas. |