Nesta asignatura o alumnado traballará nos conceptos físicos necesarios para comprender a realización e obtención das diferentes modalidades de técnicas de imaxe diagnóstica. Recoñecer as diferentes imaxes así como a información que se espera obter en cada caso fundamentarán a elección da técnica máis axeitada a cada circunstancia clínica. Os contidos prácticos permitirán identificar correctamente cada técnica de imaxe e a visión anatómica que ofrece.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Sesion magistral
Seminarios
Estudos de casos
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Portafolios do alumno
*Metodoloxías docentes que se modifican: ninguna
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Segundo a necesidade do alumando para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
4. Modificacións na avaliación:
- Sesión magistral: 30%
- Seminario: 20% -Traballo individual no que o alumno explique coas súas propias palabras os principios fundamentais de física de radiacións ionizantes así como a base de imaxe médica radiolóxica.
- Traballos tutelados: 20%
- Estudo de casos: 20% - Deberá aportar unha imaxe coa súa correspondente explicación de cada técnica de imaxe en cada unha das localizacións anatómicas do membro inferior.
*Observacións de avaliación:
Optarán á cualificación de Matrícula de Honra aquel alumno que obtendo unha cualificación global superior ao 95% sexa a mellor cualificación da clase.
A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles/es alumnos/as que non presenten as actividades pendentes nin participasen de ningún escenario.
Segunda oportunidade: Para aquel alumnado que non superase a materia na primeira oportunidade de avaliación, manterase as mesmas porcentaxes de avaliación a cada metodoloxía que na primeira oportunidade e o alumno poderá volver realizar calquera das tarefas avalidadas, que estime convenientes, neste caso de forma individual (mesmo as que inicialmente eran en grupo) e deberá entregalas 7 días antes da data do exame. As tarefas que non repita manterase a cualificación da primeira oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: no se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías