Un dos campos terapéuticos conservadores baseados na aplicación das leis biomecánicas ás disfuncións morfolóxicas e funcionais do pé que a podoloxía pode prescribir e aplicar, é o campo da ortoprotésica e os seus dispositivos, cuxos fundamentos teórico-prácticos estúdanse na materia de ortopodoloxía. Os dispositivos ortoprotésicos a medida ou prefabricados, demostraron en numerosos estudos clínicos a súa eficacia tanto na redución da sintomatoloxía, como na recuperación da funcionalidade de diversas situacións patolóxicas debidas a alteracións estruturais ou funcionais do pé ou da repercusión destas sobre outras estruturas do aparello locomotor.
O obxectivo xeral da materia Ortopodoloxía I é introducir aos estudantes no campo terapéutico da ortoprótesis, no uso e a indicación de produtos sanitarios ortoprotésicos, proporcionándolles unha formación básica de coñecementos teóricos e destrezas prácticas, co fin de que adquira as competencias relacionadas coa prescrición, deseño e obtención das principais ortesis e próteses do pé. Para lograr este fin, a materia consta dunha parte teórica de 4 créditos, e unha parte práctica de 2 créditos, que representan en total 46 horas de traballo presencial para o estudante.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Prácticas de Laboratorio
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
- Se as autoridades plantexan de novo un estado de confinamento total, o plan de continxencia para a asignatura Ortopodoloxía 1 prevée que se pase de formato presencial a formato online (Moodle) e que a proba pase a constar de 30 preguntas test sobre a materia.
- Neste caso de urxencia, plantexaráse unha addenda da materia na que se compensará a porcentaxe de evaluación de cada metodoloxía en base á perda propocional en semanas e horas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira
dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías