Seminario |
Actividade impartida en grupos moi reducidos. A súa metodoloxía recolle unha serie de actividades (sesións de debate e discusión dirixida, problemas, casos, etc...) que permitan a aplicación dos contidos teóricos na resolución de diferentes cuestións propostas con antelación polo profesor. Con elas preténdese repasar e aclarar cuestións fundamentais, así como fomentar a participación activa e crítica do alumnado. |
Estudo de casos |
Impartiranse en grupos moi reducidos de alumnos. Neles formularanse e desenvolveranse diferentes experimentos, cálculos ou procedementos de tratamento e análise de datos, ademais de interpretar os resultados obtidos. O seu obxectivo é capacitar ao alumnado para realizar traballos experimentais e/ou analizar e procesar datos. Ademais, serán un complemento para as clases expositivas e os obradoiros, e un instrumento eficaz para estimular nos estudantes as súas facultades científicas, mellorar a súa destreza no laboratorio ou no entorno de traballo e desenvolver o seu razoamento crítico e a comprensión dos procesos baixo estudo. O alumnado, en xeral, deberá ser quen de deseñar e rexistrar adecuadamente os seus propios procedementos. |
Proba obxectiva |
Utilizarase non só para avaliar o grao de adquisición de competencias do alumnado, senón tamén como unha ferramenta de retroalimentación para o profesorado que lle permita detectar aqueles aspectos da materia que presenten unha maior dificultade de comprensión. |