A
avaliación desta materia farase mediante unha avaliación continua e a
realización dun exame final, quedando condicionado o acceso ao exame á participación
polo menos no 80% das actividades de asistencia presencial obrigatoria (clases
teóricas presenciais, seminarios e titorías).
O profesor verificará a asistencia a clase segundo
o sistema oficial de control de asistencia establecido en cada centro ou
universidade. As ausencias deben documentarse. As ausencias desculpadas
contarán como asistencia ás actividades docentes, para poder participar no
exame.
PLAN
DE CONTINXENCIA:
En función da evolución da crise sanitaria de
COVID 19, distínguense 3 escenarios:
- ESCENARIO 1: normalidade adaptada:
A avaliación constará de dúas partes:
a) Avaliación continua cun peso do 40%,
correspondente a seminarios, titorías, exercicios entregados ao profesor.
b) Exame final da materia: 60%
O exame final será presencial.
- ESCENARIO 2: distanciamento (restrición parcial
a asistencia física):
A avaliación realizarase como no escenario 1.
O exame final será preferentemente non presencial.
- ESCENARIO 3: peche das instalacións:
A avaliación realizarase como nos escenarios 1 e
2, agás que o exame final non será necesariamente presencial.
En calquera dos tres escenarios, no caso de non
superar a avaliación continua, realizarase un exame final cun peso do 100%.
A segunda oportunidade, en calquera dos tres
escenarios, consistirá en facer un exame final cun peso do 100% (presencial no
caso do escenario 1, non presencial en 3, e preferentemente non presencial en
2).
Indicación referida ao plaxio e ao uso inadecuado
das tecnoloxías no desenvolvemento de tarefas ou probas: "En casos de
realización fraudulenta de exercicios ou probas, o disposto no Regulamento de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión de valoracións
"