Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Química Física Avanzada | Código | 610G01020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Nas clases de exposición serán introducidos os conceptos, modelos, métodos e teorías dos contidos fundamentais do programa do curso. |
Glosario | Elaboración dunha lista de conceptos clave (termos, autores, ecuacións típicas, ...), coa súa explicación, que xorden en cada tema. É unha actividade de Moodle na que o número de conceptos por alumno é limitado, buscando a máxima participación. |
Seminario | Esta actividade realizarase en grupos reducidos. Algúns conceptos serán enfatizados mediante o desenvolvemento detallado de exercicios estándar e resolveranse as dúbidas plantexadas polo alumno. |
Proba de ensaio | Periódicamente ao final de cada unidade temática, incluído o/s seminario/s correspondente, proporase unha proba / ensaio durante as clases do seminario, para que o alumno poida demostrar o uso e participación nestas sesións. Contémplase que se faga a través de Moodle en datas concretas e nun tempo determinado. O obxectivo non só é facer un seguimento da evolución dos estudantes, senón tamén impulsar o sistema de avaliación continua. |
Prácticas de laboratorio | Realizaranse experimentos relacionados cos conceptos abordados no curso. Constará de tres fases: O primeiro refírese a completar un cuestionario a través de Moodle relacionado co/s experimento/s que corresponde desenvolver no laboratorio. O segundo inclúe o traballo do estudante no laboratorio: planificación do experimento, desenvolvemento e análise de resultados. O terceiro consiste na elaboración do informe de resultados, que de avaliará tendo en conta a súa presentación, xustificación metodolóxica e a interpretación, así como a comparación con resultados bibliográficos. |
Proba mixta | Resolución de cuestións de teoría e exercicios relacionados cos temas abordados nas clases expositivas, nas prácticas de laboratorio ou seminarios. O alumno debe demostrar de forma independente e nun intervalo de tempo predefinido, o coñecemento adquirido e a capacidade de resolver ejercicios e/ou cuestións conceptuais. |