Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividade que se levará a cabo ao comezo do curso e onde se presentará a meteria comentando, entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno.
|
Sesión maxistral |
Actividade presencial na que se presentan os aspectos máis destacados do programa. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, requirirase nelas a participación do alumnado. É desexable que o alumno, con anterioridade ao desenvolvemento de cada clase, teña lido na bibliografía aconsellada as partes relacionadas co tema a tratar. |
Solución de problemas |
Clases en pequenos grupos, concibidas como un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar activamente. Dedicaranse á resolución dos boletíns de preguntas e problemas que previamente se lles entregaron. Antes de asistir á clase e para poder participar e ser valorado nela, o alumno deberá entregar o boletín a través da plataforma en liña dispoñible para a materia. Unha vez na clase, os alumnos discutirán as respostas ás diferentes preguntas cos seus compañeiros, establecendo un debate. |
Traballos tutelados |
Previamente ás prácticas de laboratorio o alumno terá que levar a cabo, un estudo inicial que deberá recoller tanto aspectos preparativos como teóricos asociados aos experimentos a realizar, aplicando os seus coñecementos e apoiándose en todo momento na revisión bibliográfica dos textos propostos. Antes de comezar as prácticas de laboratorio, terá que superar unha entrevista co profesor responsable na que presentará os resultados e conclusións do seu traballo autónomo previo, co fin de determinar se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que poida proceder a realizar con seguridade e aproveitamento o traballo experimental.
|
Prácticas de laboratorio |
Centrarase na síntese e illamento de substancias inorgánicas. O desenvolvemento dos experimentos en sí debe deixar patente unha actitude responsable por parte do alumno no tocante ás normas de seguridade, así como á rigorosidade e a eficiencia características do método científico. O alumno debe de elaborar un caderno de laboratorio que constará de tres partes: resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados), descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e un comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles. |
Proba obxectiva |
Nalgunhas clases de Sesión Maxistral ou de Solucion de Problemas, realizaranse probas intermedias que combinan diferentes tipos de preguntas, como preguntas de elección múltiple, organización, resposta curta, discriminación, finalización e / ou asociación, que axudarán ao alumno e ao profesor a comprobar que os temas tratados nas clases anteriores foron comprendidos. |
Proba de resposta múltiple |
Ao finalizar os contidos de cada tema nas Sesións Maxistrais, empregando plataformas como Moodle, ferramentas de paquetes de Office 365 e / ou aplicacións dispoñibles en Internet, realizarase unha proba para avaliar a aprendizaxe dos devanditos contidos. Para iso, faranse preguntas en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionen posibles solucións, das que só unha delas é válida, vendo así o grao de asimilación do alumno dos temas impartidos. |
Análise de fontes documentais |
Metodoloxía que mediante o uso de documentos audiovisuais e / ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias actuais, fotografías, artigos, etc.) postos a disposición do estudante a través das plataformas en liña dispoñibles para a materia, axudará ao alumno a traballar contidos relevantes para a materia, con actividades deseñadas especificamente nas devanditas plataformas para a súa análise. |
Proba mixta |
Proba escrita que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza: de desenvolvemento medio-longo dun tema ou dunha parte do mesmo, de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais, de resolución de problemas, tanto numéricos como de aplicación lóxica dos coñecementos adquiridos e de elección entre respostas múltiples. |