A "Química Industrial" é unha asignatura optativa que se imparte no último semestre do Grado, e cuxo obxecto principal é introducir ao alumno na industria química a través de exemplos concretos de compostos inorgánicos industrialmente relevantes. Preténdese que o alumno participe da realidade industrial a través de diversas visitas concertadas con empresas do sector que constituirán un importante eixo desta materia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos mantense na súa totalidade.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
a) Mantense o Informe de "visitas a empresas do sector químico industrial".
b) Mantense o Traballo sobre un proceso industrial do sector químico.
c) Mantense a "Proba Mixta", únicamente no caso de que se poida realizar presencialmente nas dependencias da UDC.
*Metodoloxías docentes que se modifican
a) No caso de que a "Proba Mixta" non se poida realizar presencialmente nas dependencias da UDC, suprimirase.
b) No caso de que as "visitas a empresas do sector químico industrial" non se poidan realizar presencialmente, substituiranse por "visitas virtuais" realizadas de xeito individual por cada alumno a través da WEB da empresa.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Titorías e consultas por Teams e E-mail.
Moodle da materia
4. Modificacións na avaliación
No caso de que a "Proba Mixta" non se poida realizar presencialmente nas dependencias da UDC, suprimirase e a porcentaxe que supón (30%) sumarase a do Traballo, quedando a avaliación como segue: Informe de "visitas a empresas do sector químico industrial" (35%) + Traballo sobre un proceso industrial do sector químico (65%).
*Observacións de avaliación: ---
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións na bibliografía/webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías