Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Química | Código | 610G02001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 C1 | A cualificación das prácticas representa un 20% da cualificación global. Valorarase tanto a memoria entregada coma a actitude e o traballo desenvolto no laboratorio e/ou de modo virtual. Para poder superar a materia é preciso obter unha cualificación mínima de 4 nesta parte. |
20 |
Traballos tutelados | A26 B1 B2 B3 B4 | A cualificación dos traballos tutelados representa un 20% da cualificación global. Valoraranse tanto o traballo individual do alumno nos cuestionarios previos como a participación activa do alumno nas titorías, a asistencia e as cualificacións das probas curtas na clase e a través da plataforma Moodle. | 20 |
Proba obxectiva | A26 B1 B2 B3 B4 C1 | A proba obxectiva constará de varios exercicios prácticos ou teórico-prácticos similares aos realizados nos seminarios e nas titorías. Non se poderá superar a materia cunha cualificación inferior a 4 na proba obxectiva, aínda que a cualificación global sexa igual ou superior a 5. |
60 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia será necesario obter unha cualificación global superior ou igual a 5 puntos (sobre 10), en calquera das dúas oportunidades (xaneiro e xullo). Non poderán superar a materia aqueles alumnos que teñan menos dun 4 (sobre 10) na proba obxectiva ou nas prácticas de laboratorio. A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria para poder superar a materia. Cando despois de facer as prácticas, a cualificación obtida sexa inferior a 4, o profesor devolverá a memoria de prácticas, indicando as fontes de erro, que deberán ser corrixidas polo alumno e entregadas para unha nova valoración por parte do profesor. A cualificación desta segunda revisión será definitiva, substituirá á cualificación obtida nas prácticas á hora de facer a cualificación global, e poderá realizarse tanto na primeira como na segunda oportunidade. A asistencia aos traballos tutelados é obrigatoria para superar a asignatura. Os alumnos que asistiran a menos do 50% de ditos traballos tutelados obterán unha cualificación inferior ao 50% neste apartado nas dúas oportunidades de xaneiro e xullo, independentemente de cal fora o seu aproveitamento nas probas curtas durante as títorías ou a través de Moodle. Na segunda oportunidade de xullo, para facer a cualificación global, manterase a cualificación obtida durante o curso neste apartado. No caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación dos traballos tutelados substituirase pola obtida nas titorías personalizas, cun 20% da cualificación global, na primeira e na segunda oportunidade. No caso de circunstancias excepcionais, obxectivables e acaidamente xustificadas, o profesor responsable poderá eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de realizar o proceso de avaliación continuada. O alumnado que se atope nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia nas dúas oportunidades. Outorgarase a cualificación de "non presentado" aos alumnos que participen en menos dun 25% das actividades académicas programadas (prácticas e traballos tutelados) e non se presenten á proba obxectiva. |