Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Estatística | Código | 610G02005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación | |||||||||||
Proba de resposta breve | A21 B2 B3 B6 | Cuestionario para avaliar o progreso nos bloques de PROBABILIDADE e ED-INF | 10 | |||||||||||
Proba obxectiva | A26 A30 B2 B3 B10 | Cuestionario para avaliar a parte de ESTATÍSTICA DESCRIPTIVA e INFERENCIA ESTATISTICA. | 75 | |||||||||||
Traballos tutelados | A26 | Traballo práctico de análise de datos con software estatístico | 15 | |||||||||||
Observacións avaliación | ||||||||||||||
A materia divídese en dous bloques, 1-Probabilidade e 2-Estatística Descriptiva-Inferencia Estatística. Cada un destes bloques avaliarase de forma independente, polo que o feito de superar un deles non afecta á nota do outro. A partede PROBABILIDADE representa o 45% da nota final (40% proba final, 5% cuestionarios de avaliación), e o outro bloque da materia Estatística Descriptiva-Inferencia Estatística representa o 55% da nota final (traballo tutelado da parte de ED 15%, proba final 35% e cuestionarios de avaliación 5%). Para aprobar a asignatura é necesario ter aprobada por separado cada unha das dúas partes das que consta a materia. En caso contrario, de ter superado só un bloque ou ningún, a cualificación final será como máximo un 4.5. (a) PROBABILIDADE: para superar este bloque a suma da cualificación da proba final e mais dos cuestionarios de avaliación debe ser como mínimo un 4.5 (sobre 10). (b) ED - INF: para superar este bloque a suma da cualificación do traballo tutelado da parte de ED, da proba final e mais dos cuestionarios de avaliación debe ser como mínimo un 4.5 (sobre 10). Ademais, a calificación na proba final no pode ser inferior a un 4 (sobre 10). Durante o curso poderanse realizar ata dúas probas finais eliminatorias parciais, de modo que o alumno que supere algún dos bloques con estas probas finais parciais terá aprobado o bloque correspondente do que foi avaliado de cara aos exames finais de maio/xullo. Para obter a cualificación de NON PRESENTADO en maio, os alumnos non sepoderán ter presentado a ningunha proba parcial eliminatoria nin ao exame final desa primeira convocatoria de maio, nin ter entregado o traballo tutelado. Para obter a cualificaciónde NON PRESENTADO en xullo, os alumnos non se poderán ter presentado ó examefinal desa convocatoria. Adicionalmente poderase valorar a asistencia e participación nos seminarios,titorías, clases prácticas, etc. puidendo aumentar ata un punto o valor da cualificaciónfinal. Na segunda oportunidade de xullo, o criterio para superar a materia será o mesmo ca na primeira oportunidade de xuño Tódalas observación previas son aplicables aos estudantes a tempo parcial e/ou con dispensa académica. Plan de continxencia por mor da COVID19
|