Actividades iniciais |
Dedicarase unha primeira sesión á presentación da materia onde se exporán os distintos apartados contidos na guía docente (competencias, programa-contidos, planificación, metodoloxía, avaliación, recursos bibliográficos, etc.) e onde o alumnado poderá expor calquera dúbida ou cuestión relativa aos mesmos. Tanto a guía docente como os calendarios e horarios do curso poderanse consultar na plataforma Moodle e na web da Facultade de Ciencias da UDC. |
Sesión maxistral |
Ao longo do cuadrimestre impartiranse 27 leccións maxistrais de 50 minutos de duración sobre os contidos básicos correspondentes ao programa. Durante as mesmas o profesor explicará os fundamentos teóricos da materia axudándose de debuxos, esquemas ou presentacións con computador (os devanditos contidos poranse a disposición do alumnado a través da plataforma Moodle; xunto con distintos arquivos e ligazóns a páxinas web, vídeos, etc. relacionados cos contidos da materia). O profesor tamén resolverá as dúbidas e cuestións expostas polo alumnado. As explicacións das clases maxistrais deberán ser asimiladas polo alumnado mediante a elaboración de apuntamentos e posterior estudo coa axuda da bibliografía recomendada. Así mesmo, para un total aproveitamento destas, recoméndase que o alumnado revise previamente os aspectos fundamentais dos devanditos temas no material posto á súa disposición a través de Moodle e/ou nos textos recomendados. |
Aprendizaxe colaborativa |
Ao longo do cuadrimestre, dedicaranse 6 sesións, de 50 minutos de duración, a traballar en grupos reducidos (de aproximadamente 10 alumnos). Durante as mesmas trataranse e discutiranse diversos temas relacionados cos contidos da materia, realizándose actividades relacionadas cos mesmos para cuxa resolución se empregará bibliografía específica (impresa ou mediante o emprego de recursos electrónicos). |
Proba mixta |
O aproveitamento e rendemento do alumnado serán avaliados de forma continua a través de preguntas tipo test e/ou de resposta curta (ou relativamente curta) sobre os contidos das clases maxistrais e sesións en grupos reducidos. Así se poderá coñecer o modo no que o alumnado vai asimilando os contidos e mellorar os procesos en curso e o rendemento alcanzado. Realizaranse dous exames parciais teóricos escritos e un práctico durante o período lectivo da materia (segundo cuadrimestre), así como un exame final para o/as alumno/as que ou ben non superasen os devanditos exames teóricos e/ou práctico, ou ben non se presentaran aos mesmos. |