Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B5 B7 B12 B14 Exame da materia que supón o 60% da cualificación final que o alumno pode obter (máximo 6 puntos). Celebrarase en xaneiro (primeira oportunidade) e xullo (segunda oportunidade) nas datas establecidas pola facultade. 60
Proba mixta B5 B7 B12 B14 Proba de avaliación continua (máximo 4 puntos) 40
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e a segunda oportunidade.

Para superar a asignatura o alumnado matriculado a tempo completo deberá participar en polo menos o 80% das actividades presenciais programadas nela, así como nas actividades organizadas pola coordinación do mestrado. 

Os criterios de avaliación son os mesmos tanto para o alumnado
matriculado a tempo completo como no caso do que posúe recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e/ou dispensa académica de exención de asistencia.

Según normativa da facultade, a calificación de NON PRESENTADO
corresponde ao alumnado que só participe de actividades de avaliación
que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final,
con independencia da cualificación obtida.

A avaliación da oportunidade adiantada farase por medio dunha proba mixta
que suporá o 100% da nota final.