Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Análise do ámbito | Código | 611507004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Estudo de casos | Propoñeranse situacións relativas ós contidos da asignatura para que os alumnos empreguen os coñecementos e habilidades adquiridos para a súa análise, coa intención de ter unha visión práctica da asignatura. Procurárase que o vínculo entre os casos de estudo propostos e as empresas caso sexa o máis estreito posible para contribuír na realización do proxecto común dos diferentes grupos de traballo. |
Solución de problemas | Resolución de problemas cuantitativos concretos que esixe a aplicación das ferramentas presentadas na aula |
Presentación oral | De xeito tanto individual como en grupo, os estudantes presentarán mediante exposicións orais os avances efectuados nos seus traballos e tarefas. Defenderán a validez das súas decisións e conclusións perante o profesor, e de ser o caso con outros alumnos e grupos. |
Discusión dirixida | Participación activa na discusión dos temas propostos polo profesor e relacionados cos contidos do programa da materia. Consiste nun intercambio de ideas e opinións fundamentadas. A discusión pode desenvolverse a nivel de grupo, en particular no relativo ás empresas caso, ou do conxunto de integrantes da aula para cuestións de interese común. |
Sesión maxistral | Exposición oral por parte do profesor, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe |
Análise de fontes documentais | O estudante deberá identificar e consultar as fontes documentais necesarias para o problema que pretenda resolver en cada momento. Así mesmo, o profesor deberá ser un colaborador e orientador. |