Estudo de casos |
Inclúen prácticas a partir da análise desde unha perspectiva de historia económica de textos e datos estatísticos relacionados coa economía española nos séculos XIX e XX |
Proba de ensaio |
A avaliación continua consistirá na elaboración de dous exercicios prácticos (cada un valorado nun 30% da nota final) que se realizarán a través de “a entrega de tarefas” de Moodle nas datas indicadas pola profesora o primeiro día de clase e publicadas no calendario de Moodle da materia. Os exercicios propostos computarán globalmente cun máximo de 6 puntos na nota final. As datas de realización das dúas probas comunicarase ao alumnado o primeiro día de curso e engadirase ao calendario de moodle da materia. Cada práctica realizarase na data e hora fixada de forma manuscrita nunha cara, que se escaneará e enviarase en formato .PDF, nun arquivo identificado con apelidos do/ da estudante, a través de "entrega de tarefas de moodle". Si non se cumpren estes requisitos, a entrega de tarefa non será considerada válida. Cada unha dstas probas consistirá nunha análise de datos históricos (cadros e/ou gráficos) da economía española. A partir destes datos os/as estudantes terán que realizar un diagnóstico económico da situación e elaborar argumentos razoados que expliquen os porqués no comportamento dos datos. A matriz de avaliación destas prácticas basearase nos seguintes Ítems (cada un puntúase cun 20% máx.): 1. Sitúa a análise no marco económico e histórico; 2. Entende os datos ofrecidos desde un punto de vista económico; 3. Identifica o problema ou cuestión a analizar; 4. Constrúe argumentos económicos para explicar o comportamento dos datos; 5. Emprega a linguaxe económica de maneira correcta |
Proba obxectiva |
Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais cun valor de 4 puntos na nota final (40% da nota final). O exame final consistirá nunha reflexión crítica nunha cara manuscrita, escaneada e subida nun arquivo formato .PDF (identificado tanto na carilla manuscrita como no nome do arquivo cos apelidos e nome do autor/a) a través de moodle sobre un aspecto proposto do contido teórico da materia. Na realización deste exercicio valoraranse principalmente os seguintes ítems: a utilización da linguaxe económica adecuada, a elaboración de argumentos económicos razoados e expostos de maneira clara e a análise crítica. |