Solución de problemas |
A3 A4 A5 A7 A10 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 |
Exame final. O alumno trataría de resolver a liquidación dos impostos traballados. |
40 |
1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independenza da
cualificación acadada.
2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de
avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na
convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación
continua (solución de problemas, probas de resposta breve, intervencións
durante as sesións magistrales) mediante preguntas adicionais á proba
obxectiva final.
3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na
Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes
probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas
compatible coa súa dedicación.
4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder ao aula
de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior
e/ou almacenamiento de información.
5. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
Outras observacións de avaliación: A entrega dos casos de estudio realizarase no período no que se desenvolven as actividades académicas docentes
do primeiro cuadrimestre nas datas que determine o profesor. Para superar a materia, asemade de sumar 5 ou máis
puntos na avaliación, cómpre acadar unha puntuación mínima de 2 de 6 puntos no estudio de casos e probas de resposta múltiple. No caso da solución de problemas (exame) cada unha das liquidacións puntuará 2 puntos, sendo necesario acadar un mínimo de 0,75 en cada unha delas para superar a materia.
|