1. Cualificación de non presentado. Corresponde
ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan una
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación alcanzada.
2. Segunda
oportunidade. En ambas oportunidades de avaliación (xaneiro e xullo)
teranse en conta as cualificacións obtidas na avaliación continua. Na primeira
oportunidade (xaneiro), a avaliación continua supón o 60% da cualificación
final e o exame o 40% restante.
Na segunda oportunidade (xullo) o exame supón o 40% e
poderase recuperar ate un 40% da avaliación continua realizada previamente. A
nota final da segunda convocatoria estará formada polo obtido no exame (40%)
e a mellor das cualificacións obtidas ao comparar a avaliación continua da
primeira oportunidade e a avaliación continua recuperada na segunda oportunidade.
3. Convocatoria
adiantada. Realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as
competencias e contidos propios de la materia. O resultado obtido nesta proba
coincidirá coa nota final obtida polo alumno.
4. Estudantes
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia. A avaliación destes alumnos rexerase polos mesmos
criterios aplicados ao resto do alumnado.
5. Sobre as condiciones
de avaliación final. Está prohibido que durante as probas de avaliación o
alumno utilice con calquera dispositivo que permita a comunicación co
exterior e/ou almacenamento de información.
6. Identificación
do estúdiante. O estudante terá que acreditar a súa personalidade de
acordo con a normativa vixente.
7. Outras
observacións de avaliación. As probas non realizadas puntúan como
cero. As realizadas en fraude supoñen a cualificación de cero puntos na avaliación
final.
|