Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
A atención personalizada en titorías de despacho permitirá que o profesor/a oriente ao alumno/a sobre obxectivos e metodoloxía.

Prácticas por parte do alumnos. Entregarase o programa detallado e calendario das prácticas o primeiro día de clase. Igualmente as horas de atención personalizada poderán dedicarse á explicación, comentario e/ou corrección das prácticas de taller.

Ademais do calendario de titorías presenciais nos horarios que se determinen a principio de curso por cada profesor/a, o/a alumno poderá acceder a titorías virtuais a través da ferramenta Moodle, así como a través do correo electrónico do profesor/a.

Formaranse dous subgrupos de 15 alumnos/ás. Fixarase unha titoría cunha duración de 6 horas repartidas en tres sesións de 2 horas cada unha para atender dúbidas sobre o traballo tutelado ou sobre a preparación do exame. Avisarase en clase con antelación sobre o lugar en que se van celebrar.