Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Matemáticas II | Código | 611G02010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Durará unha hora e será a presentación da materia. |
Proba de resposta múltiple | Haberá varias probas de resposta múltiple (tipo test) ao longo do cuadrimestre. Estas probas constarán de diversas preguntas con varias respostas das que só unha será verdadeira, relativas a conceptos teóricos e prácticos abordados nas clases de sesión maxistral, de solución de problemas e seminarios. |
Proba mixta | Ao final do cuadrimestre haberá unha proba mixta (teórica e práctica). Esta proba será realizada na data oficial de avaliación que determine o centro para esta materia. |
Sesión maxistral | Haberá un total de 15 horas de clase maxistral, que estará centrada na exposición dos contidos de carácter máis teórico. |
Seminario | Realizaranse varios seminarios con atención persoalizada de carácter eminentemente práctico. Estes seminarios serán virtuais a través da plataforma Microsoft Teams. |
Proba práctica | Realizaranse varias probas prácticas ao longo do cuadrimestre. Estas probas constarán de unha ou varias preguntas as que se deberá contestar por escrito e xustificando debidamente as respostas. |
Solución de problemas | Haberá un total de 25 horas de clase de solución de problemas, que consistirá na exposición e realización de problemas dos contidos prácticos dos diferentes temas. |