Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Teoría do Financiamento | Código | 611G02021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 | Durante o periodo de clases realizaranse varias probas de avaliación continua que non terán carácter liberatorio e que suporán en conxunto o 60% da cualificación final (máximo 6 puntos). Cada proba non realizada puntúa como cero. |
60 |
Proba mixta | A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 | Exame da toda a materia que supón o 40% da cualificación final que se pode obter (máximo 4 puntos). Celebrarase en primeira oportunidade (xaneiro no grao en ADE e maio/xuño no programa de simultaneidade dos graos en ADE e Dereito) e en segunda oportunidade (xullo) nas datas fixadas pola xunta de facultade. | 40 |
Observacións avaliación | |||
A cualificación de NON PRESENTADO só se outorgará ao alumnado cuxa participación en actividades de avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. Na SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN terase a posibilidade de recuperar a cualificación da avaliación continua a través dunha proba que terá un peso do 40% na cualificación final (máximo 4 puntos), cuxa cualificación substituirá á obtida na avaliación continua de primeira oportunidade en caso de que sexa superior a esta. A OPORTUNIDADE ADIANTADA DE AVALIACIÓN terá lugar na data establecida pola facultade a tal efecto e o exame será tipo proba mixta de todos os contidos e competencias da materia e polo 100% da cualificación. A avaliación exposta tamén rexe para o alumnado con recoñecemento de DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL e DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. En canto á COMISIÓN DE FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS, aplicarase o disposto no artigo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC. O/a estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. |