- Os alumnos coñeceran as cualificacións dos traballos antes da data marcada pola facultade do exame (Xuño ou Xullo).
- Os criterios de avaliación e cualificación son, exactamente, iguales nas dúas oportunidades (Xuño e Xullo).
- Considérase que un alumno está dentro da avaliación continua e, polo tanto, aplicaráselle o esquema de avaliación anterior, si realizou máis dun 20% dos traballos e casos prácticos encargados. Polo tanto, este alumno si non alcanza o cinco, estará "suspenso" nas actas da materia aínda que non se presente ao exame.
- Este sistema de avaliación mantense tanto para a primeira oportunidade como para xullo
- Os alumnos que se matriculen a “tempo parcial”, deberán comunicálo o profesor. Nestes casos os profesores valoraran a adaptación dos criterios de avaliación.
- As guías para a realización dos traballos tutelados ou de calquera outra práctica ou exercicio proposto polo profesor estarán colgadas na plataforma Moodle, coa suficiente antelación.
- Os traballos grupales tutelados realízanse ao longo do curso e non é posible a súa realización fose do período lectivo. No caso de non acadar a nota suficiente para aprobar os alumnos disporán ata unha semana antes da data marcada pola facultade para o exame de Xullo, para correxir e defender de novo os traballos que non acadaran a suificente avaliación.
- Na defensa oral do traballo tutelado, participarán tódolos compoñentes do grupo responsable da súa elaboración.
- Calquera información, aviso ós alumnos,… colgarase na plataforma Moodle. Enviarase un e-mail notificándoo.
- É altamente recomendable a asistencia a clase e o seguimento de todas as actividades programadas na materia.
- Para o cálculo da nota media final, será preciso obter unha nota mínima
de 4 puntos sobre 10 puntos en cada traballo (non se calculará a nota media dos
alumnos que obteñan unha nota menor que esta).
Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. - Os alumnos que se presenten a proba adiantada, deberán realizar os mesmos traballos que os de probas normais. Para iso deberán contactar co coordinador da asignatura para que lles indique que traballos deberán realizar e datas de entrega.
É responsabilidade do alumno consultar a dirección de e-mail ca UDC lle asigne. - Recórdase que está prohibido acceder a calquer tipo de proba con ningun dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
- Así mesmo, recórdase que calquera alumno sorprendido realizando traballos, exames ou probas mediante calquera procedemento fraudulento se lle asignará unha nota de cero na convocatoria.
NOTA IMPORTANTE ESTUDANTES DE INTERCAMBIO/ACORDO BILATERAL/ ERASMUS/... As entregas de traballos estabeleceranse a principio de curso.
|