Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Mediante a formulación e a resolución de problemas, realizarase un seguimento continuo da aprendizaxe do alumnado por parte do profesor. O detalle dos distintos problemas a resolver ao longo do curso, así como os distintos pasos e prazos para a súa resolución, serán detallados polo profesor durante as clases. Dependendo da natureza do problema para resolver, estes poden requirir unha resposta individual ou en grupo. Os distintos problemas terán que resolverse dentro do prazo fixado polo profesor. Non se valorará ningún traballo fóra dese prazo. A cualificación de cada problema variará en función do seu grao de dificultade. 50
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 A proba final é proba mixta, que consistirá nunha combinación de preguntas tipo test e preguntas de resposta moi breve.
50
 
Observacións avaliación

Participación nas sesións. Utilización do material de estudo proporcionado (temas e
modelos de simulación) e da bibliografía recomendada no programa. Resolver
sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións,
recorrendo á atención personalizada cando fose necesario. A.-Exame (proba
mixta final): 50% da cualificación. B.-Avaliación continua (solución de
problemas): 50% da cualificación. Na parte A (proba mixta final) será
necesaria unha nota mínima de 1.5 sobre 5 para poder superar a materia
. A
nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder
superar a materia
. No caso de que non se supere o 1.5 na proba mixta
final (parte A), a nota resultante será o mínimo entre 4.5 e a suma das dúas
notas (parte A e parte B).

Criterios de avaliación para a
segunda oportunidade de cada convocatoria, así como para a convocatoria
adiantada:

-             
Segunda oportunidade: séguese o mesmo criterio de avaliación que para a primeira oportunidade.
Para iso, gardarase a cualificación da avaliación continua obtida ao longo do
curso (parte  B) para a segunda
oportunidade.

-             
Convocatoria adiantada: supoñerá unha proba final máis ampla, que conterá tanto a parte A como
a  B da avaliación. Esta proba valorarase
sobre 10.

No caso de alumnado con dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a
plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de comunicación
principal para a xestión de contidos, titorías e entrega de traballos. Acordarase
ao comezo de curso un calendario específico de datas compatible
coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar actividades e de
acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.
A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao
alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación conseguida.

O comportamento fraudulento en calquera dos
apartados sometidos a valoración supoñerá a cualificación de cero puntos na
avaliación final. O alumnado terá que acreditar a súa identidade de acordo coa
normativa vixente.