O traballo fin de mestrado debe reflectir a aprendizaxe d@ estudante no MÁSTER: o estudante, aplicando os saberes, ferramentas e destrezas adquiridas nas materias cursadas, probará a súa capacidade para realizar e defender un traballo sobre unha das liñas de investigación ofertadas.
O traballo será realizado de forma individual polo estudante baixo a supervisión dun profesor titor ou de dous, que levarán a cabo a tutela coordinadamente.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Sen modificacións nos contidos fixados.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías previstas inicialmente.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifica ningunha das metodoloxías previstas inicialmente.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Toda a información e a documentación relativa á realización do TFM estará accesíbel para o/a estudante.
Teams, en horario e formato (síncrono ou asíncrono) acordados co alumnado.
Correo electrónico a demanda do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
Non se contemplan modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
As actividades propias do TFM serán realizadas de modo non presencial e (a)síncrono.
O alumnado con dificuldades para o acompañamento do TFM durante a vixencia deste plano de continxencia quer por motivos de conexión (internet), de medios (PC, tablet, móbil etc.), quer por necesidades ou limitacións de calquera tipo (coidados, conciliación, horarios ou espazos restrinxidos etc.) deberá contactar co profesorado no menor tempo posíbel a fin de seren arbitradas todas as medidas de flexibilización e adaptación necesarias a cada caso particular.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Serán disponibilizados todos os materiais bibliográficos necesarios para o acompañamento e a realización do TFM.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías