Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Galega Contemporánea | Código | 613G01033 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Presentación por parte da profesora das liñas xerais de cada un dos temas contemplados no programa da materia co enfoque previsto no descritor. Será avaliábel a asistencia activa ás aulas teóricas presenciais en que se presentarán conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será esixido para a superación do curso. |
Proba mixta | Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas. |
Traballos tutelados | Traballo individual sobre algunha das obras de lectura obrigada. As súas dimensións e temática serán acordados coa profesora. |
Lecturas | Lectura obrigada dos textos literarios indicados no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que a profesora indique na aula. As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas. |
Análise de fontes documentais | A profesora iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación, así como de textos críticos, historiográficos ou xornalísticos, e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas. Previamente, o/a estudante deberá ler e preparar os textos de forma individual. |