Análise do discurso histórico como marco de referencia para os estudos linguisticos e literarios. Comentario dalgúns dos conceptos básicos no uso e a escritura da historia como a temporalidade, o espazo, suxeito, obxecto e evolución do discurso histórico.
Plan de continxencia
MODIFICACIÓNS DA GUÍA DIDÁCTICA
Addenda á Guía Docente por mor do COVID19
Modificacións nos contidos:
Non hai cambios.
Metodoloxías
• Metodoloxías docentes que se manteñen:
Proba obxectiva, Recensión, Lecturas.
• Metodoloxías docentes que se modifican:
Sesión maxistral; Discusión dirixida/Obradoiro.
-A Sesión Maxistral fornecedora dos contidos a examinar será substituída polo material fotocopiado e auto-explicativo facilitado no principio do curso, onde se desenvolve por extenso o programa da materia; acompañado de material digitalizado facilitado ao longo do curso se as circunstancias o requeriren. Así mesmo, para a preparación do ponto 4.4 do apartado de Contidos, deberán descarregar da rede o artigo electrónico da autoría do profesor Carlos Velasco Souto (2011), “Discurso histórico e construçom da identidade nacional. O caso da Galiza” e estudar o seu apartado introductorio (unhas 10 páxinas). A referencia do mesmo áchase indexada no apartado Fontes de Informaçión deste Guía Docente.
-Discusión dirigida/Obradoiro: Os debates na aula serán substituídos por comentarios escritos sobre os mesmos materiais, previamente digitalizados e remetidos ao alumnado.
.Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Ferramenta: Correo electrónico Temporalización: Sen frecuencia definida
.Modificacións na avaliación:
Metodoloxías:
-Proba obxectiva.
Peso na cualificación: 40%
A proba obxetiva non presencial será realizada en modalidade síncrona a través de Moodle e correo electrónico e sen vixilancia. Durará arredor de 90 minutos e consistirá en cuestións que os alumnos deberán responder previa reflexión e utilización de material impreso e digital no seu poder. Transcorrido ese tempo, deberán remeter os seus exercicios a través de Moodle e correo electrónico ao profesor. Caso de problemas de conectividade, a alternativa será formular aos alumnos un ou dous temas para reflexión, que deberán entregar nun par de dias por correo electrónico.
-Recensión bibliográfica.
Peso na avaliación 50%
Este exercicio será entregado telematicamente no mes de marzo polo alumnado.
-Discusión dirixida/Obradoiro.
Peso na avaliación: 10%
A avaliaçión conxunta destas metodoloxías será feita conforme ás intervençións do alunado realizadas antes da suspensión da presencialidade ou, no seu caso, substituído por comentarios de materiais digitalizados.
.Observacións da avaliación:
1.Na segunda oportunidade o alumnado só terá que presentarse ás metodoloxías que non teña aprobado na primeira. Gárdanse portanto as cualificacións de aprobado cando as houber.
2. No caso concreto das metodoloxías Discusión Dirixida/Obradoiro, na segunda oportunidade os alumnos/as entregarán un número de comentarios referidos ao material obxeto de discusión nas aulas presenciais (textos e capítulos de novela histórica) en cantidade equivalente ao número de sesión realizadas ou, no seu caso, dos materiais digitalizados facilitados.
. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías