Para o alumnado de mobilidade (programa Erasmus ou outros) poder acompañar correctamente a materia será preciso ter o nível
suficiente (recoméndase un mínimo equivalente ao nível B2 do Cadro
Europeu) de comprensión e expresión, tanto oral como escrita, en calquera variante galego-portuguesa. Todas as cuestións non contempladas explicitamente nesta guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesor no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente deste documento. |