Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 Consistirán en dúas redaccións argumentativas breves escritas en clase nas que cada estudante demostrará a súa habilidade para interpretar textos de xeito independente e para escribir análises ben organizadas, coherentes e cohesionadas, así como a súa capacidade no uso da lingua inglesa. 40
Discusión dirixida A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 É obrigatorio facer as lecturas asignadas para cada día e resolver as posibles dúbidas de vocabulario antes de ir a clase.
O/A estudante que non teña feitas as lecturas antes das clases deberá facelo na aula, perdendo a oportunidade de participar nas actividades da clase e de obter a puntuación que estas outorguen.
As actividades de clase poden consistir en exercicios orais e escritos, individuais ou en grupo, tales como facer resumos, análises, debatir, interpretar, identificar, etc.
20
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 No exame final o alumnado deberá demostrar o seu dominio dos contidos teóricos e das destrezas practicadas nas aulas. Este exame consistirá en preguntas breves (p. ex., definicións de termos críticos e períodos, identificación de fragmentos dos textos estudiados, análises, etc.). 40
 
Observacións avaliación
• A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nas seguintes seccións, que se realizarán na data oficial do exame final: 
1) un exame escrito con un deseño idéntico ao do exame final na primeira oportunidade, e que computará o 40% da nota;
2) un ensaio argumentativa sobre as lecturas feitas durante o cuadrimestre, que substituirá ás seccións "Traballos tutelados" e "Discusión dirixida" da primeira oportunidade e que computará o 60% da nota.
• Un aprobado obtense a partir dunha nota de 5 sobre 10. Sen embargo, na primeira oportunidade de avaliación, deberase obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na “Proba mixta” para poder superar a materia. Na segunda oportunidade, deberase obter esta mesma nota mínima na sección 1 da avaliación.

• O alumnado terá a
posibilidade de obter ata un punto extra para sumarllo á súa nota final de
curso. Darase máis información na aula e a través de Moodle ao principio do
cuadrimestre. 

• Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.

• O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo.

• O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

• O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.

• Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.