Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas de Tradución | Código | 613G03018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A1 A4 A5 A6 A12 | O exame terá CATRO partes: unha tradución ao inglés (20%), unha tradución ao galego (10%), unha tradución ao español (10%) e unhas preguntas sobre contidos teóricos ou teoría aplicada (10%). Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha destas catro partes para aprobar o exame. | 50 |
Obradoiro | B2 B4 B6 C3 | O 25% correspondente a inglés consistirá en: 1. Unha tradución individual do inglés ao español (15%) 2. Unha tradución en grupo (de 4 a 6 persoas) do español ao inglés (10%) ________________________________ O 12,5% consistirá en exercicios e actividades de tradución inglés-español realizados na aula e supervisados polo profesorado. |
37.5 |
Traballos tutelados | A4 A5 A6 C1 C2 | Unha actividade de tradución ao galego que será indicada e supervisada polo profesorado. | 12.5 |
Observacións avaliación | |||
-Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma. -Calquera falta á honorabilidade académica (e.g. plaxio, copia) suporá a descalificación automática das actividades e o suspenso da materia. -Tanto a asistencia como a participación significativa na aula será valorada polo profesorado. -Na oportunidade de xullo e na convocatoria adiantada de decembro realizarase a proba mixta e entregaranse as actividades equivalentes aos obradoiros sinaladas polos profesores correspondentes. - Na oportunidade de xullo recuperaranse as traducións da parte de inglés correspondentes ao traballo individual e en grupo, no seu caso, mediante actividades equivalentes que se ofertarán a través da plataforma Moodle da UDC, e que haberá que entregar ao profesorado correspondente antes ou na mesma data do exame oficial. -Na oportunidade de xullo recuperaranse as actividades e exercicios da parte de español non superadas mediante actividades equivalentes que se ofertarán a través da plataforma Moodle. -Na oportunidade de xullo recuperarase o obradoiro (tradución ao galego) -Os/As alumnos/as que non se presenten á proba mixta acadarán a cualificación de NP (Non Presentado). -Os/as estudantes matriculados/as a tempo parcial que teñan concedida a dispensa académica deberán poñerse en contacto cos profesores o antes posible para determinar as formas de avaliación en cada parte. Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a segunda oportunidade. -O alumnado con discapacidade poderá pedir asesoramento ao profesorado e á Unidade de Atención á Diversidade (ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; email: adi@udc.es). Máis sobre os plaxios Nesta asignatura podería empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de avaliacións, de cualificacions s de reclamacións na avaliación. |