Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Norteamericana 2 | Código | 613G03035 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Discusión dirixida | A1 A2 A6 A15 B4 B5 B8 B10 C2 C4 C7 | Nestas actividades o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas; daquela, valorarase a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión en lingua inglesa. Este apartado da avaliación prestará especial atención á actitude colaborativa e participativa do/a estudante. | 10 |
Proba mixta | A2 A6 A15 A16 B7 C2 | Neste tipo de actividade o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se valorarán tanto os coñecementos teóricos adquiridos como a capacidade do alumnado que aplicar os devanditos coñecementos á práctica. Por último, nestas probas finais se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. Estes exames poden combinar preguntas de resposta breve ("objective test") con outras preguntas a desenvolver (essay questions; "subjective" test). | 40 |
Proba de ensaio | A1 A2 A6 A9 A10 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 C2 | Estos ensaios estarán repartidos ao longo do curso; alguns se levarán a cabo na clase e outros, máis longos, fóra das áulas. Ademáis de ter realizado as lecturas e de ter atendido ás explicacións do/da docente, cada estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das devanditas explicacións e lecturas nestos ensaios. Na avaliación destas probas escritas, terase en conta especialmente a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados ou os conceptos baixo estudo. Tamén se valorarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita. | 50 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e demáis actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación. As/os estudantes que non realizaran os exercicios escritos e actividades orais durante o curso (course work) terán que recuperalos en xullo (vid. oportunidade de xullo). A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como toda actividade adicional de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado ou polo alumnado e aceptada por ambos. Plaxio: para a evaluación do traballo do alumno, prestarase CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) estudante que non se presente á proba final e/ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP. AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á segunda oportunidade (xullo), na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: 40% da proba mixta (semellante á proba final de xaneiro), 50% de proba de ensaio, e mais 10% de actividades dirixidas (exercicios escritos). O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a segunda oportunidade (xullo). ESTUDANTES CON DISPENSA: Aquelas/es estudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade (xullo). Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro (Facultade de Filoloxía) para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI na dirección de e-mail adi@udc.es. |