Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia da Lingua Inglesa Código 613G03038
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Moskowich-Spiegel Fandiño, Isabel
Correo electrónico
isabel.moskowich-spiegel.fandino@udc.es
Profesorado
Moskowich-Spiegel Fandiño, Isabel
Correo electrónico
isabel.moskowich-spiegel.fandino@udc.es
Web
Descrición xeral O curso pretende proporcionar ao estudantado os rudimentos básicos eas metodoloxías da lingüística diacrónica e mostrarlle como estes poden observarse no caso concreto da lingua inglesa.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Mantéñense todas as metodoloxías docentes telemáticamente 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: O estudantado poderá facer consultas, solicitar reunións virtuais para resolver dúbidas, etc. - Teams e Moodle: Atenderase ao estudantado por estes medios na franxa horaria que consta nos horarios aprobados polo centro. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións *Observacións de avaliación: Os estudantes que non superen a materia en xaneiro terán outra oportunidade en xullo na que se terá en conta o exame final (50%) así como unha actividade (50%). Os estudantes que teñan superado as actividades de avaliación continua previamente (tendo superado as actividades segundo as condicións explicadas no apartado de observacións á avaliación na guía docente) non terán que facela. O alumnado que non se presente á proba de xaneiro ou xullo acadará a cualificación de NP, se non entregou máis do 50% das actividades durante o curso. O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Aqueles alumnos que oficialmente estean matriculados a tempo parcial e teñan concedida unha dispensa académica como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar coa profesora ao comezo do cuatrimestre para facer os axustes precisos nas distintas actividades. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías