Esta materia fornece formación básica de carácter teórico-práctico na descrición e uso instrumental da lingua portuguesa nas súas modalidades oral e escrita.
O alumnado debe adquirir todas as competencias do nivel A2 (usuario básico, grao elevado do nivel elemental), dentro dos seis niveis que se distinguen no "Marco común europeo de referencia para as linguas".
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizaron modificacións nos contidos da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas: lecturas, obradoiro, prácticas a través de TIC, proba obxectiva, presentación oral, sesión maxistral e traballos tutelados.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Mantéñense todas as metodoloxías docentes e o seu peso na avaliación; porén, en varias delas múdase o modo de realización.
Así, a sesión maxistral e o obradoiro (correspondente ás aulas en grupo grande, intermedio e pequeno) daranse a través de Teams.
A proba obxectiva realizarase de maneira asíncrona a través de Moodle e a presentación oral consistirá nun vídeo breve en que o alumnado desenvolverá oralmente un tema prefixado e que enviará a través de e-mail.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías levaranse a cabo por Teams previa cita (que se concertará por e-mail como mínimo con un día de antelación).
4. Modificacións na avaliación
A proba obxectiva levarase a cabo de maneira asíncrona a través de Moodle no día e na hora marcadas no calendario académico para a súa realización.
O traballo tutelado entregarase por Moodle.
A proba oral consistirá nun vídeo breve en que se desenvolverá oralmente un tema prefixado e que se entregará por Moodle.
*Observacións de avaliación:
Para aprobar a materia, a cualificación mínimada proba obxectiva deberá ser de 5 puntos sobre 10.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías