Obradoiro |
Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de produción escrita e, sobre todo, oral (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos, ...). |
Presentación oral |
A interacción oral será corrente nas sesións presenciais e poderán ser apresentados oralmente traballos ou atividades específicas.
A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos conteúdos vehiculados constitúen os principais elementos a levar en conta polo alumnado neste tipo de actividade. |
Proba mixta |
Consta fundamentalmente dunha proba escrita que permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e, sobre todo, a produción escrita e as competencias gramaticais. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación… |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos conteúdos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos conteúdos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo. |
Traballos tutelados |
Baixo a coordinación d@ docente, o alumnado levará a cabo diversas actividades que deberán ser realizadas por escrito, nomeadamente exercicios virados para a consolidación de destrezas comunicativas e o uso de recursos linguísticos de vario tipo. Para alén disto, organizados en pequenos grupos, @s estudantes realizarán un traballo virado para a documentación e a redacción de conteúdos, a fin de produciren e partillaren información, coñecementos e habilidades. |