Estruturas de datos e algoritmia para secuencias biolóxicas
Código
614522013
Titulación
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Computación
Coordinación
Ladra González, Susana
Correo electrónico
susana.ladra@udc.es
Profesorado
Ladra González, Susana
Silva Coira, Fernando
Correo electrónico
susana.ladra@udc.es
fernando.silva@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia introduce algoritmos e estruturas de datos conmunmente utilizados no ámbito da bioloxía computacional.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Prácticas a través das TIC
- Traballos tutelados
- Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Proba mixta: en caso de non poder realizarse presencialmente, e substituirase por “Solución de problemas”)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias.
– Teams: Sesión telemáticas na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade para o avance da materia expositiva e práctica. Sesións telemáticas individuais ou en pequeno grupo para resolución de dúbidas da materia expositiva, práctica ou de traballos tutelados
4. Modificacións na avaliación
Substitúese o 30% da proba mixta por "Solucións de problemas", que tamén contará cun peso dun 30% na evaluación. Constará da resolución de catro exercicios nos que deben ser demostrados os coñecementos e as
competencias adquiridos durante as clases maxistrais. Os estudantes deberán entregar a solución dos exercicios propostos, tendo que defendelo de forma oral.
*Observacións de avaliación:
Non aplicarán os mínimos requeridos nas diferentes partes da avaliación. A nota final será a suma das obtidas en cada parte.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non envíe ningunha proposta as tarefas de solución de problemas propostas.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:
• Prácticas (50%): os estudantes poderán repetir as prácticas propostas durante o curso nas mesmas condicións que na primeira oportunidade (as prácticas entregadas de forma tardía obterán un máximo de 80%). Así, en caso de repetir todas as prácticas, a nota máxima que pode obterse é de 4 puntos.
• Traballos tutelados (20% da nota final): realización nas mesmas condicións que na primeira oportunidade, pero de forma individual.
• Solución de problemas (30%): realización nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
• En caso de non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservarase a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
• Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías