Un sistema intelixente é un programa de computación que reúne características e comportamentos asimilables ao da intelixencia humana para resolver problemas para os que non existe unha solución algorítmica clara. Un tipo particular de sistemas intelixentes son os Sistemas Baseados en Coñecemento (SBC) ou sistemas expertos. Do mesmo xeito que a Enxeñaría do Software ocúpase da xestión de proxectos de desenvolvemento de software clásicos, a Enxeñaría do Coñecemento é a disciplina tecnolóxica que se centra na aplicación dunha aproximación sistemática, disciplinada e cuantificable ao desenvolvemento, funcionamento e mantemento dos Sistemas Baseados en Coñecemento (SBC). En concreto, nesta materia abordarase de forma moi práctica o estudo da metodoloxía CommonKADS baseada no modelado de coñecemento, que presenta unha clara tendencia converxente coas técnicas de Enxeñaría do Software e que constitúe un estándar de facto en Europa.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se prevén modificacións nos contidos da materia
2. Metodoloxías
Mantéñense as metodoloxías, ainda que tanto as clases de DE e DI se impartirán a través da plataforma Teams/moodle.
De non ser posible a realización presencial, cambiará o carácter de proba de avaliación escrita por unha proba de avaliación realizada de forma non presencial a través da plataforma Moodle. Esta proba final é necesaria para realizar unha avaliación individualizada de cada estudante, que desenvolve diversas prácticas e traballos en grupos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Non se prevén modificacións nos mecanismos de atención.
4. Modificacións na avaliación
Mantéñense os mecanismos de avaliación, co cambio mencionado da proba escrita, que pasa a ser non presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non teremos cambios na bibliografía/webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías