Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Teoría da Información | Código | 614G02018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | B3 B9 B10 C1 | Avaliación continua do traballo do alumno con probas semanais dos avances obtidos na semana previa. | 25 |
Prácticas a través de TIC | B2 B7 | A avaliación realizarase mediante o seguimento da entrega das prácticas e unha proba obxetiva. | 25 |
Proba mixta | B3 B7 B8 | Os conceptos teóricos expostos nas clases maxistrais e a capacidade do alumno para a solución de problemas vanse a avaliar na proba mixta final. | 50 |
Observacións avaliación | |||
A suma das cualificacións correspondentes ao obradoiro, as prácticas a través de TIC, e a proba mixta debe ser maior ou igual a 5 sobre 10. Esixirase unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na proba mixta. No caso de non acadar a dita nota, a cualificación final do estudante vaise calcular como a suma da nota obtida nesta proba e o resultado de dividir por 2 a suma da nota obtida nos obradoiros e prácticas a través de TIC. Na segunda oportunidade poderanse avaliar soamente a proba mixta e a de prácticas, optando cada estudante por unha destas ou as dúas. Os resultados acadados na solución de problemas e nos obradoiros serán os que o alumnado obtivera na primeira oportunidade dacordo coa avaliación continua descrita nesta guía. Alumnado matriculado a tempo parcial: non se realizará a avaliación dos talleres nin da avaliación continua das prácticas (aínda que a entrega das prácticas será obrigatoria). Nestes casos, esas partes avaliaranse mediante unha proba que se realizará o mesmo día que a proba mixta. A proba mixta poderase dividir en dúas partes, cunha proba parcial no medio do cuadrimestre. |