Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Promoción e comercialización de destinos e produtos turísticos | Código | 615524003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | Requiriráselle ao alumnado online e presencial o desenvolvemento dun traballo de aplicación práctica consistente na realización dun plan de promoción e comercialización dun produto ou destino turístico, cos seguintes obxectivos: -Efectuar unha aproximación á realidade da actividade profesional no ámbito da promoción e comercialización de produtos e destinos turísticos. Por iso o traballo non poderá presentar elementos de ficción. -No traballo reflectiranse adecuadamente os contidos conformadores da materia. A estrutura tipo do traballo será: -Introdución -Descrición e análise do mercado, contorna e competencia para o produto ou destino elixido. -Definición e análise do público obxectivo -Delimitación dos atributos do produto/destino -Posicionamento -Estratexias de promoción e comercialización -Plans de acción A bibliografía recomendada con carácter básico é: Kotler, P. et al. (2004), “Marketing para el Turismo”, Pearson, Madrid. Serra, A. (2000), “Marketing Turístico”, Pirámide, Madrid Bigne, E. et al. (2000), “Marketing de Destinos Turísticos”, Esic, Madrid Ries, A y Trout, J. (2002), “Posicionamiento”, McGraw-Hill Elizagarate, V. (2008), “Marketing de Ciudades”, Pirámide. Alcázar, B. (2002), “Los Canales de Distribución en el Sector Turístico”, Esic Baack, C. (2010), “Publicidad, Promoción y Comunicación Integral en Marketing”, Pearson O alumnado de modalidade online deberá elixir o produto ou destino turístico sobre o que pretende traballar e comunicarllo aos profesores/as da materia, debidamente motivada a proposta, antes do 19 de novembro de 2020 por correo electrónico aos tres docentes da materia. Ningún plan será válido sen o visto e prace previo dos/as profesores/as. Ofrécese a posibilidade de que o alumnado online traballe de forma grupal con outros alumnos/as desta modalidade seguindo as indicacións anteriores. Na modalidade presencial, serán os docentes os que propoñan nos primeiros días de clase os diferentes temas e grupos de traballo. Tanto para o alumnado online como presencial, a data límite de entrega deste traballo é o día 07 de xaneiro 2021. Unha vez superada esta data, non se admitirá ningún traballo. As entregas de traballos (tanto para a modalidade online como para a presencial) deberán facerse a través do enlace en Moodle habilitado para tal efecto. O 11 de xaneiro de 2021 realizaranse as exposicións de todos os traballos (presencial-online) a través de Teams. A posible revisión do traballo farase na terceira semana de xaneiro de 2020 previo aviso aos docentes por correo electrónico. |
Sesión maxistral | Para a modalidade presencial utilizarase unha mestura de clases maxistrais coa posibilidade de discusión de casos reais e exercicios prácticos. Para o mellor aproveitamento da clase faise indispensable a participación activa dos/as alumnos/as, tanto na discusión dos conceptos como dos casos que se traten. Igualmente aconséllase a preparación previa de cada tema, mediante a consulta da bibliografía recomendada. Para a modalidade online aconséllase o seguimento do temario a través da bibliografía recomendada, así como dos PDFs/vídeos coa explicación dos distintos temas da materia que están dispoñibles en Moodle. Ademais, realizaranse discusións de temas de interese actual relacionados con cada tema da asignatura a través de foros/debates en liña a través de Moodle. As datas establecidas para a docencia van do 2 de Novembro ao 2 de Decembro de 2020. Aquelas dúbidas que se susciten entre o alumnado poderán exporse presencialmente (para os/as alumnos/as da modalidade presencial) e tamén por correo electrónico e Teams (previo aviso por correo electrónico) para o alumnado da modalidade online. |
Análise de fontes documentais | Tanto para o alumnado online e presencial a finalidade desta actividade consiste en desenvolver a visión crítica do alumnado, de forma individual, sobre cuestións relacionadas cos contidos da materia e plasmadas en traballos de carácter fundamentalmente teórico. As lecturas facilitaranse a través de Moodle e a data de entrega coincidirá coa finalización das clases presenciais (2 de decembro de 2020) e en ningún caso poderá atrasarse. O método para entregar a lectura será a través do enlace habilitado en Moodle para tal efecto. O alumnado deberá traballar e entregar unha das catro lecturas propostas. Con cada lectura efectuarase por parte do alumnado as seguintes tarefas: -Síntese do texto -Procura de referencias bibliográficas que respondan a textos complementarios da lectura proposta. -Elaboración dunha análise crítica da lectura facilitada, sobre a base da bibliografía complementaria. O formato do traballo será: -Soporte dixital é en formato pdf. -O documento elaborarase en letra Times New Roman, corpo 12, e interlineado 1,5. -A extensión de cada traballo terá un mínimo de 5 páxinas e un máximo de 10. -En todo traballo haberá de identificarse as fontes bibliográficas utilizadas e ao final do mesmo incluirase a pertinente bibliografía. |