Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos.
-Non se realizarían cambios.
2. Metodoloxías.
*Metodoloxías docentes que se modifican/engaden.
-Chegado o caso, e segundo o escenario correspondente que se explica no epígrafe de modificacións na avaliación, pode ser necesaria a elaboración dunha práctica individual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
-Ferramenta: Teams, correo electrónico e/ou chamada telefónica.
-Temporalización: a prevista durante o primeiro cuadrimestre e segunda oportunidade.
4. Modificacións na avaliación.
-En caso de continxencia, son tres os escenarios que habería que ter en conta e, polo tanto, que motivan modificacións na avaliación prevista nunha situación de normalidade-presencialidade. Ditos escenarios serían os seguintes:
-ESCENARIO 1: NON SE PODE REALIZAR NINGUNHA DAS PROBAS OBXECTIVAS E PRESENCIAIS DE AVALIACIÓN CONTINUA POR CAUSA DUNHA CONTINXENCIA:
As probas serían substituídas por dúas prácticas individuais a realizar ao longo do primeiro cuadrimestre. Cada práctica suporía o 50% da cualificación da materia.
-ESCENARIO 2: PUIDOSE REALIZAR ALGUNHA DAS PROBAS OBXECTIVAS E PRESENCIAIS DE AVALIACIÓN CONTINUA ANTES DUNHA CONTINXENCIA.
a/ Fíxose a 1ª proba obxectiva e presencial de avaliación continua. A materia tería as seguintes metodoloxías avaliables: 1ª proba obxectiva de avaliación continua (80% da cualificación final) + Práctica individual para avaliar o resto do temario (20% da cualificación final).
b/ Fixéronse a 1ª e 2ª probas obxectivas e presenciais de avaliación continua. A materia tería as seguintes metodoloxías avaliables: 1ª proba obxectiva de avaliación continua (45% da cualificación final) + 2ª proba obxectiva de avaliación continua (45% da cualificación final) + Práctica individual para avaliar o resto do temario (10% da cualificación final).
No punto a/ e b/, se un/ha alumno/a non se presentase a algunha da/s proba/s obxectiva/s de avaliación continua, ou non presentase a práctica individual correspondente, realizadas no transcurso do cuadrimestre, tería como nota na avaliación continua un "non presentado".
-ESCENARIO 3: NON SE PODE REALIZAR NINGÚNHA DAS PROBAS OBXECTIVAS DA 1ª E 2ª OPORTUNIDADE (sistema de avaliación non continua).
A proba única prevista, respectivamente, para a convocatoria de 1ª oportunidade e 2ª oportunidade, sería substituída por unha práctica individual (que valería o 100% da cualificación final da materia).
*Observacións de avaliación:
-A práctica de laboratorio prevista -e necesariamente presencial- se é posible realizala, computaría na cualificación final da avaliación continua, sempre e cando se acadara unha cualificación superior a 2,5 puntos na primeira e segunda probas obxectivas presenciais.
-As especificacións, contidos e sistema de cualificación da/s práctica/s individual/is, serían comunicados ao alumnado chegada a situación de continxencia.
-A/s práctica/s será/n deseñada/s nun documento de word, no cal se inserirán, chegado o caso, as fórmulas e as táboas habituais que precise o alumnado para o seu desenvolvemento.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
-No caso dunha continxencia, os materiais dispoñibles no Moodle da materia configuran, en si mesmos, o manual da materia.
|