Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Sector audiovisual | Código | 616G01007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Sesións expositivas online nas que se explicarán os aspectos principais dos bloques temáticos que comprende a materia. Un dos seus obxectivos é facilitar a aprendizaxe dos conceptos propios desta disciplina. Os materiais necesarios para estudar a materia poñeranse ao dispor dos estudantes e complementaranse con sesións online síncronas ou asíncronas. Estas sesións poderán ter formato de debate ou foro virtual. É conveniente que o alumno dedique polo menos unha hora de traballo persoal para cada sesión expositiva, para reflexionar sobre o explicado e expoñer a tempo as súas dúbidas e comentarios. |
Análise de fontes documentais | Busca, selección e sistematización de fontes de información de referencia sobre os sectores estudados, e sobre os grupos de comunicación. Interpretación da información obtida nas devanditas fontes: informes sectoriais, informes económico-financeiros, datos estatísticos. É conveniente que o alumno dedique polo menos unha hora de traballo persoal por cada clase de análise de fontes, para reflexionar sobre o explicado e expoñer a tempo as súas dúbidas e comentarios. |
Obradoiro | Actividades que se realizarán individualmente ou en grupo durante as sesións interactivas. |
Aprendizaxe colaborativa | Para lograr a aprendizaxe do alumno sobre as características e situación actual dos distintos sectores que abrangue esta materia, realizarase un traballo en grupo. Deste modo preténdese alcanzar unha aprendizaxe dinámica sobre uns contidos que son en si mesmos cambiantes, e polo tanto, o máis importante é que os alumnos saiban que é relevante actualizar, cales son as fontes de información significativas e como utilizalas. |
Proba mixta | Exames sobre a materia |