Recoméndase que o alumno consulte periodicamente a plataforma moodle onde se colgarán avisos, exercicios e parte do material de estudo. Os exercicios entregaranse exclusivamente a través desta plataforma. Asemesmo recoméndase o emprego das plataformas Stream e Teams que serán empregadas para a docencia de ser o caso. Seguirase un sistema de avaliación continua para o que o estudante terá que facer unha proba teórica liberatoria adiantada, entregar unha serie de exercicios a través da plataforma Moodle e asistir a un mínimo de actividades, se as circunstancias sanitarias o permiten. De todo iso informarase o primeiro día de clase, colgarase a información en Moodle e seguirase a execución a través da mesma plataforma.
T Todo escrito, vídeo ou exposición oral terá que aterse aos usos e normas nesta demarcación xeográfica da Real Academia Galega ou da Real Academia Española para que poida ser correctamente entendido e en consecuencia avaliado. |