Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificcaións. Dado que a materia consiste na realización de prácticas profesionais en empresas e entidades, independentemente da situación sanitaria e da modalidade de traballo pola que se opte, sempre de acordo cos protocolos da organización na que o alumno/a estea a realizar a súa formación, non existirán cambios no contido da materia, sempre relacionado, incluso no caso de suspensión definitiva das prácticas e a súa substitución por tarefas alternativas, co traballo previsto inicialmente no proxecto formativo de cada quen.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, baseadas sempre na titorización a cargo dun profesional da empresa ou entidade e a titorización académica do profesor responsable da materia, independentemente de que se teña que mudar de modalidade presencial a online ou semipresencial ou de calquera outro cambio determinado polos protocolos da entidade en cuestión, á que se aterá sempre o alumnado.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha, salvo no caso de cancelación das prácticas e imposibilidade de realizar unhas alternativas, situación na que o titor académico asumirá a totalidade da responsabilidade docente, baseada nos traballos ou tarefas substitutorios que, de acordo cos protocolos aprobados pola UDC, se podan determinar en cada caso para superar a materia.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Resolución de dúbidas a través do correo electrónico e titorías personalizadas a través de Microsoft Teams e Moodle, previa concertación de día e hora por e-mail.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificaións, agás no caso de cancelación das prácticas e imposibilidade de realizar unhas alternativas, situación na que, de acordo cos protocolos da UDC ao respecto nese momento, poderíase, de ser o caso, someter a avaliación o traballo do alumno/a sempre que tivera realizadas, como mínimo, o 50% dos horas prácticas necesarias para superar a materia, é dicir, 75. En caso contrario, tamén de acordo co marco normativo da Universidade á data, a avaliación fundamentarase exclusivamente nos traballos e tarefas alternativas que por parte do titor académico se podan indicar, que serán, en todo caso, sempre ecuánimes, pero diferentes para cada alumno/a, posto que estarán adaptados individualmente ao perfil profesional, traballo previo na entidade de prácticas e situación persoal de cada quen.
*Observacións de avaliación:
Non hai modificacións, segue sendo preciso obter, como mínimo, 5 puntos sobre 10 no traballo (prácticas en empresa ou tarefas alternativas nos supostos indicados) para poder aprobar a materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificcaións. En todo caso, recoméndase ao alumnado que se vexa afectado pola supresión definitiva das súas prácticas que incremente notablemente a consulta das fontes bibliográficas recomendadas, substituíndo parte das horas de traballo na empresa ou entidade en cuestión, pola lectura, o manexo de bibliogarfía e a consulta de fontes documentales de referencia, a fin de mellorar a súa formación intelectual en relación co perfil profesioanal escollido.
|