Traballos tutelados |
Os alumnos/as, de xeito individual ou en grupo, elaborarán nas sesións prácticas traballos de investigación, análise e debate de cada unha das realidades explicadas nas clases expositivas.
A maiores, en grupos (invariables ata o final da materia), o alumnado elaborará un traballo final de investigación relacionado coa historia da animación ou do videoxogo.
Finalmente, na última clase práctica cada grupo exporá os resultados do traballo elaborado. |
Presentación oral |
Ao inicio do cuadrimestre o profesorado indicará unha listaxe de filmes de animación que o alumnado deberá ver e traballar en grupo ao longo do curso, dispoñible en Moodle. Coa periodicidade que sinalen os profesores, organizaranse nas clases expositivas e/ou interactivas exposicións con formato cine fórum sobre eses filmes, a fin de traballar e afondar na aprendizaxe colectiva sobre a historia da animación.
Ademais, como foi sinalado, no apartado de traballos tutelados, na última clase os diferentes grupos exporán as conclusións e resultados da súa investigación sobre a historia dos videoxogos ou a animación. |
Proba de resposta múltiple |
O alumnado realizará, con carácter obrigatorio, un exame tipo test, que pode ser combinado con preguntas de resposta curta, sobre os coñecementos adquiridos nas sesións expositivas e prácticas da materia. |